Anterior
Siguiente
Este ano, o Mercado e Festa do Mar volve ao Parrote, o seu lugar natural. Un mercado máis grande, máis bonito e máis festivo. O mellor lugar para celebrar os nosos mares.
Con moito amor e respecto polo océano, así son os produtos mariñeiros que poderás degustar e comprar no noso Mercado e Festa do Mar. Sexa marisco, conservas, artesanía, deseño ou propostas para gozar do mar. O mellor da costa da Coruña e do resto de Galicia.
No Espazo Km.C Estrella Galicia, agárdante os encontros Impacto Positivo a través da Gastronomía, da man dos mellores cociñeiros e cociñeiras de Galicia (Grupo Nove e Coruña Cociña), showcookings con produtos certificados pescadeRías, presentacións de libros, obradoiros e moitas outras sorpresas.
E para os nenos e as nenas, o Espazo Vegalsa-Eroski ofrece Baixo o mar, un espazo no que poderán coñecer dun xeito moi divertido toda a riqueza que alberga o mar como gran ecosistema do noso planeta, a súa íntima vinculación coa vida dos seres humanos, así como a necesidade de coidalo.
O escenario encherase de música para celebrar o mar: Pansenfron, Os Viqueiras e os concertos Km.C Estrella Galicia rematarán de dar o ambiente festivo que o Mercado merece. E, para repoñer forzas, a barra de bebidas e foodtrucks mariñeiras.
Apertura do Mercado e Festa do Mar
Obradoiro: Elaboración de papel reciclado
A Casa Rodante propón un obradoiro artesán para crear o teu propio papel reciclado. Papeis únicos e irrepetibles nos que conseguir transmitir as túas ideas, sentimentos e inquedanzas. Todo sen esquecer o respecto ao medio ambiente.
Baixo o Mar. Espazo Vegalsa-Eroski
Móllate no mundo submarino para coñecer toda a riqueza que alberga o mar como gran ecosistema do noso planeta e a súa íntima vinculación coa vida dos seres humanos, así coma a necesidade de cuidalo e preservalo para garantir un futuro sostible para todos e todas.
*As actividades “Somos mar”; “Somos o que facemos” e “Somos o que imaxinamos” requiren inscrición previa no propio espazo.
Encontro Inspirador: Gastronomía de proximidade con Coruña Cociña
Unha gran revolución está tendo lugar nas mellores cociñas. Imponse o km 0 e gañan protagonismo os ingredientes cultivados nas proximidades. Para coñecer mellor este novo xeito de entender a gastronomía contaremos coa presenza de tres grandes chefs do grupo Coruña Cociña: Moncho Méndez, Ángeles Marzoa e Javier Freijeiro que, baixo a batuta da xornalista María Cheda, nos darán as claves desta intensa historia de amor entre cociñeiros e produtores da súa contorna.
Concerto: Adhara & Ritman
Neste concerto da rede Km. C de Estrella Galicia a banda Adhara & Ritman presentan temas en galego que non teñen prexuizos en misturar a tradición da nosa terra (cantigas populares, Rosalía de Castro, etc.) con ritmos coma o blues, reggae, swing ou mesmo latina. Talento galego de exportación.
Obradoiro: Elaboración de papel reciclado
A Casa Rodante propón un obradoiro artesán para crear o teu propio papel reciclado. Papeis únicos e irrepetibles nos que conseguir transmitir as túas ideas, sentimentos e inquedanzas. Todo sen esquecer o respecto ao medio ambiente.
Obradoiro de artes de pesca: Tecendo Redes
O tecido de redes foi unha actividade tradicionalmente vinculada ás mulleres do mar. Esa labor serve non só para crear e arranxar ferramentas de pesca senón, tamén, para xerar comunidade, compartir alegrías e penas e, en definitiva, manter á sociedade mariñeira tan unida coma eses fortes nós. As redeiras da Illa da Estrela compartirán co público os seus saberes e experiencia.
Charla: V Centenario da Casa de Contratación de Especiería de A Coruña e a Carabela San Lesmes
A Coruña foi un dos principais portos comerciais na procura de especias no século XVI. Nesta charla, o profesor de filosofía Luis Gorrachategui e o escritor Santiago Juega falarán, apenas uns días despois do 500 aniversario da primeira volta ao mundo realizada por Elcano, das consecuencias históricas deste feito para a cidade da Coruña, convertida nun dos principais portos de comercio de especias do mundo polo rei de entón, Carlos I.
Presentación poemario: Atlántico Norte, chamádeme Ismael
O mariñeiro e poeta Xosé Iglesias presenta o seu último poemario Atlántico Norte, chamádeme Ismael. Ese título recolle unha clara referencia ao inicio da novela Moby Dick, de Neville, para amosarnos a través dos poemas unha longa e fructífera relación co mar.
Concerto: Laura LaMontagne & PicoAmperio
Dous universos, o folk e o hip-hop, conflúen nesta banda da rede Km. C de Estrella Galicia que, a través da música electrónica e armados de loops e cantigas de amigo, entre outras ferramentas, atopan novos sons para redefinir a tradición galaico-portuguesa.
Peche do Mercado e Festa do Mar
Apertura do Mercado e Festa do Mar
Baixo o Mar. Espazo Vegalsa-Eroski
Móllate no mundo submarino para coñecer toda a riqueza que alberga o mar como gran ecosistema do noso planeta e a súa íntima vinculación coa vida dos seres humanos, así coma a necesidade de cuidalo e preservalo para garantir un futuro sostible para todos e todas.
*As actividades “Somos mar”; “Somos o que facemos” e “Somos o que imaxinamos” requiren inscrición previa no propio espazo.
Obradoiro: Pintando baleas e barcos con Xosé Iglesias
O autor do libro de ilustracións Nación Mar compartirá cos participantes o seu xeito, sinxelo e efectivo, de pintar barcos que se transforman en baleas para converterse en seres mitolóxicos mariños.
Showcooking: Tesouros das nosas rías
A Artesa da Moza Crecha está certificada como Restaurante da Biosfera, distintivo outorgado pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ligado ao uso e ao compromiso co produto local e ás boas prácticas medioambientais. Os seus chefs, Lolo Mosteiro e Paula Martínez, acompañarannos nesta ocasión para ensinar algúns dos seus trucos e técnicas culinarias cos mellores produtos de pescadeRías.
Concerto: Os Viqueiras de Ordes
Trinta anos leva este grupo fundado polo Gaiteiro de Vilaverde e que vai xa pola terceira xeneración familiar. Pura tradición e un longuísimo repertorio avalan a traxectoria desta agrupación dedicada a amosar e preservar o mellor da música galega.
Obradoiro: Elaboración de papel reciclado
A Casa Rodante propón un obradoiro artesán para crear o teu propio papel reciclado. Papeis únicos e irrepetibles nos que conseguir transmitir as túas ideas, sentimentos e inquedanzas. Todo sen esquecer o respecto ao medio ambiente.
Presentación libro: 13 grados en ecoedición: Alén do azul
Mergullarse na ría de Vigo é visitar un mundo próximo baixo outra luz no que habitan flores que son vermes, expertos da camuflaxe ou alfombras verdes de pradarías. Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo é unha viaxe para coñecer as paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de espectaculares fotografías, ilustracións ao detalle e mesmo vídeos ligados con códigos QR.
Percorrido en barco: A Coruña e o mar
Un especial percorrido pola fachada marítima da cidade co sabio do mar Luis Dopico, a bordo do Buitrón, a emblemática embarcación do Club del Mar de San Amaro. Dous históricos da cidade unidos pola paixón polo mar. Historias do pasado e do presente narradas dende a experimentada mirada dun home que faenou nas augas da Coruña durante 50 anos.
Encontro Inspirador: Gastronomía con impacto positivo con Grupo Nove
Non hai mellor xeito de clausurar un espazo gastronómico ca o de mirar cara ao futuro. Por iso, e por formaren parte dun sector cada vez máis comprometido co medio ambiente, convidamos a Antonio Botana, a Miguel A. Campos e a Manuel Costiña, do Grupo Nove, a que falen dos esforzos da hostalería galega. Porque a boa cociña non só debe deixar un impacto positivo no noso padal, senón tamén no noso planeta.
Concerto: Pan Sen Fron
Pandeireteiras Sen Fronteiros é un grupo de música tradicional da Galiza, feita con voz e percusións, principalmente pandeiretas. Deste xeito, pretenden poñer en valor e difundir este patrimonio inmaterial, así como situar a música galega no contexto das músicas de raíz.
Peche do Mercado e Festa do Mar.
Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo.
Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo.
Lorem fistrum por la gloria de mi madre esse jarl aliqua llevame al sircoo.
Link
Mergullo. Sostibilidade no turismo. Experiencias para gozar da natureza desde o respecto.
Link
Artesanías mariñeiras en cerámica, encadernación e téxtil a cargo da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral.
Tenda gourmet e restaurante con produtos locais (da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo) de primeira calidade para probar e levar os sabores das Mariñas á casa.
Link
Conservas e afumados de peixe de elaboración artesanal, con especial dedicación aos produtos do mar de Arousa.
Link
Marcos Pérez García. Escaparatista, pintor artístico, artesán e atípico. Un artista de terra namorado do mar.
Link
Reciclaxe de redes de pesca e plástico para facer complementos de moda e mobiliario urbano.
Link
Conservas con denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia, co certificado Craega de produción ecolóxica.
Link
A plataforma de ecomobilización pioneira en España presenta as súas actividades e servizos de defensa dos ecosistemas mariños.
Link
A primeira marca de camisas que mistura o estilo hawaiano co carácter galego naceu para festexar os encontros e trae ó Mercado o seu Aloha! galego.
Link
Xeados artesáns, cun xiro especial para celebrar o mar.
Link
Produtos de limpeza e coidado persoal, sostibles e a granel para non contaminar o mar.
Link
O seu obxectivo é facer posible que toda España goce do verdadeiro marisco galego. Desde a ría de Arousa á túa casa e ao Mercado e Festa do Mar!
Link
Cociña de autor sobre rodas, cunha proposta moi especial para o Mercado e Festa do Mar.
Link
Algas naturais da costa de Galicia. Cultivo e recolleita manual sostible con certificado ecolóxico.
Link
Renovación de antigas redes e reciclaxe en creacións artesás.
Facebook
Móbiles de personaxes do mar montados en paus recollidos nas praias galegas.
Facebook
Falar de Waves é falar do mar. Unha marca xoven e galega de roupa con conciencia ecololóxica que amosarán na súa liña Eco-Waves.
Link
Dende Santiago de Compostela chega esta deseñadora que achega a tradición orfebreira da súa cidade á inspiración na natureza e, neste caso en especial, no mar.
Link
Mariñeiro, ilustrador e poeta do mar. O seu último libro, Nación Mar, combina os seus tres quefaceres nunha creación artística única.
P.º Dársena, 6, 8, 15001 A Coruña